Taberna- Café- Museo «A Baiuca»

Taberna- Café- Museo «A Baiuca»

Na Travesía de Arteixo nº 213 (Arteixo- A Coruña), mesmo frente do edificio do Concello, existe un lugar dende o pasado 27 de marzo de 2013 onde tomar algo convértese nun exercicio de cultura galega e onde moitos venres e sábados se pode disfrutar de boa música en directo. Escoitar, aplaudir, cantar ou bailar ó gusto de cada un.
Os seus donos son Miriam Cuiña e Bieito Romero, ó que todos recoñeceredes como fundador e líder do grupo Luar na Lubre levando o nome de Galicia por cáseque tóda-las partes do mundo coa súa música.
Recoméndovos encarecidamente a visita e asegúrovos que non quedaredes indiferentes. E ademáis, por se isto fora pouco, contareivos un segredo: as tapas están riquísimas.
As fotos pertencen ó día da inauguración e a outros días de «foliada». Quería subir algún vídeo da festa pero non é posible por cuestións técnicas. Así que non vos queda máis remedio que acercarvos a A Baiuca e vivila en directo.

Déixovos ademáis o enlace a súa páxina en facebook: https://www.facebook.com/TabernaCafeMuseuABaiuca?fref=ts

Lembrade pinchar enriba das fotos para ve-las a tamaño maior.
 ¡ LUME NA BAIUCA !

¿Te ha gustado? ¡compártelo!

Más del blog

«Castañilandia», solicita tu ejemplar

Solicita aquí tus ejemplares del libro ilustrado CASTAÑILANDIA Portada Contraportada Título: CASTAÑILANDIA Autora: Sonia María García García Ilustradora: Virginia González Editorial: Círculo Rojo Páginas: 40 Libro ilustrado, tapa blanda. Precio: 16.95 euros + 3 euros gastos

Escríbeme

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad