O Libro do Courel leva varios meses na rúa, atopando amigos por cada lugar que pasa. Gracias á boa acollida entre as xentes amantes desta comarca luguesa, xa vai pola Segunda Edición e continúa adiante polos fermosos camiños do mundo.
Esta entrada no blog quere ser un pequeno resumo visual de diversos encontros do libro co público. E tamén, é unha boa plataforma para agradecer, como autora desta obra, o acompañamento constante das xentes de ben que sempre están ó meu carón: a miña editora Edurne Baines da Editorial Belagua en lugar principal, a miña familia, os bos amigos que nos axudan cada día e os lectores.
Infinitas gracias…
| Juan Vázquez, amigo de O Carballal, un dos protagonistas | 
| Compartindo conversa con Uxío Novoneyra na casa do poeta do Courel | 
| Juan de Vilar, outro dos grandes protagonistas do libro, na Cova da Moura en Vilamor do Courel | 
| No escritorio de Uxío Novoneyra na Presentación oficial do Libro nun acto organizado pola Excma. Deputación de Lugo | 
| Presentación na Festa da Pisa da Castaña, Froxán (O Courel) | 
| Con Carmen e Evaristo, grandes apoios para levar O Libro do Courel ó éxito | 
| Firmando un exemplar en Froxán | 
| Presentación na Coruña | 
| Edurne Baines, editora de O Libro do Courel (Editorial Belagua) e a autora | 
| Edurne Baines e a autora na Galería Sargadelos de Lugo | 
| Conversas cos lectores | 
| Sonia García, autora do libro | 
O Courel non remata nunca, e nós seguimos en ruta.


