O Castro Da Torre Ou de Sobredo

O Castro Da Torre Ou de Sobredo

Testemuña do noso pasado, o Castro da Torre álzase impoñente sobre o río Lor, dominando o seu val dende os Montes do Cebreiro ó Norte, ata moito máis alá do outeiro no que se recorta a silueta de Vilamor, cara ó Sur.
Vinculado á minería do ouro que Roma explotou nestas terras, conserva a base das súas estancias circulares e rectangulares, mezcla do pasado prerromano e da vida que lle deron os fillos da loba.  A súa caída sobre o río, protéxeo de forma natural, ainda que se poden vislumbrar defensas como algunhas pedras fincadas no seu frente. Pola parte que non defende o río, fixeron naqueles tempos un foso cortado de quince metros de alto que o convertía en inexpugnable. 
Sentada nunha rocha, imaxino tempos pasados…Deixando que a mente voe e que a mirada se perda no val do Lor e nos cumios da Serra do Courel, síntome a raíña do mundo… E penso no futuro.
O Courel non remata nunca…

¿Te ha gustado? ¡compártelo!

Más del blog

«Castañilandia», solicita tu ejemplar

Solicita aquí tus ejemplares del libro ilustrado CASTAÑILANDIA Portada Contraportada Título: CASTAÑILANDIA Autora: Sonia María García García Ilustradora: Virginia González Editorial: Círculo Rojo Páginas: 40 Libro ilustrado, tapa blanda. Precio: 16.95 euros + 3 euros gastos

Escríbeme

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad